Un flechazo por un local que dura máis de 50 anos
Ubicación: Avenida de Oza, 131
Apertura: 1972
A historia desta senlleira zapataría comeza en 1972, cando José Monteagudo, por entón encargado de Calzados Triay, fixase no baixo situado na actual Avenida de Oza, 131, e decide montar xunto cos seus irmáns o seu propio negocio, co nome de Yolanda, na honra da súa filla, os inicios nun barrio de nova creación non foron doados, pero pouco a pouco, foi crecendo e hoxe, con máis de 50 anos de historia, xa son 8 locais os que ten repartidos por toda a cidade, e é a segunda e a terceira xeración os que levan o negocio.