A Asociación Veciñal Oza-Gaiteira–Os Castros abre o período de preinscrición para as actividades do curso 2026/2027, cunha programación ampla e diversa destinada a persoas de todas as idades e orientada a favorecer a formación, o benestar, a convivencia e a participación veciñal.
A programación inclúe actividades educativas, deportivas, culturais e de ocio, así como novas propostas vinculadas directamente coa participación e coa vida do barrio.
Entre as actividades previstas atópanse:
- Taller de memoria
- Ioga
- Zumba
- Pilates
- Lingua de signos
- Apoio escolar
- Guitarra infantil
- Guitarra para adultos
- Bailes de salón
- Pandereta
- Violín e acordeón
- Adestramento funcional
- Italiano
- Teatro infantil
- Teatro para adultos
- Manualidades
- Gaita
- Grupo de mobilidade
- Fachada Marítima
- Facendo barrio, facendo historia
As actividades desenvolveranse, con carácter xeral, de outubro a xuño e estarán condicionadas á formación dun grupo mínimo de participantes. No caso das actividades con horario aínda por determinar, este será acordado en función das persoas interesadas e das necesidades dos grupos.
Desde a asociación destacan especialmente a incorporación de novas propostas como a gaita, o grupo de mobilidade e os proxectos Fachada Marítima e «Facendo barrio, facendo historia», que 1buscan ir máis alá da programación habitual e fomentar a participación activa da veciñanza na vida do barrio.
A entidade anima a veciñanza de Oza, A Gaiteira e Os Castros a achegarse, coñecer as actividades e participar na vida da asociación. A participación non se limita ás actividades programadas. A asociación conta tamén con diferentes iniciativas e grupos de traballo nos que as persoas interesadas poden colaborar segundo os seus intereses, dispoñibilidade e inquietudes.
As persoas interesadas poden solicitar información ou realizar a preinscrición:
Asociación Veciñal Oza-Gaiteira–Os Castros
Avenida do Exército, 52, 1º — 15006 A Coruña
Teléfono: 981 298 122
Correo electrónico: ozagaiteiraoscastros2@gmail.com
Web: www.redeoza.org
Durante o horario de verán, a sede permanece aberta os martes e xoves, de 17:00 a 19:00 horas, onde as persoas interesadas poden achegarse directamente para recibir información.
A Asociación Veciñal Oza-Gaiteira–Os Castros convida a toda a veciñanza a participar nesta nova programación e a seguir construíndo colectivamente un barrio máis activo, participativo, inclusivo e solidario.
O teu barrio, a túa Asociación.
