Abertas as inscricións na carreira popular da Volta a Oza

Coruña Corre chega o próximo 13 de setembro ás rúas dos Castros, Eirís e o Castrillón, por onde pasará a maior parte do percorrido da Volta a Oza, unha das probas máis esixentes do circuíto. Serán algo máis de seis quilómetros de trazado, combinando asfalto e sendas de terra a través do parque de San Diego, a avenida da Concordia, os parques de Eirís e Oza e, finalmente, a rolda de Outeiro, para chegar á meta, en San Diego.

As inscricións na proba, que este ano chega á súa XIII edición, xa están habilitadas a través da páxina web de Coruña Corre. O prazo rematará o 6 de setembro.

Volta a Oza en Coruña Corre