Alerta amarela por chuvia e refachos de vento de 80km/h. Máis info

Alerta amarela por chuvia e ventos de ata 80kms/h

Debido á alerta amarela por chuvia e á previsión de refachos de vento de ata 80 km/h, o Concello da Coruña procedeu ao peche preventivo de varios parques e espazos públicos.

📍 Entre os espazos pechados atópanse o Parque de Oza e A Cubela, así como outros parques e zonas arboradas da cidade.

🌳 A previsión é que estes espazos reabran mañá, mércores 30 de setembro, a primeira hora, unha vez revisadas as copas das árbores, sempre que non se prorrogue a alerta.

👉 Pedimos á veciñanza que extreme as precaucións e evite acceder aos espazos pechados mentres permaneza activa a medida.

📞 Se detectades incidencias relacionadas con árbores, colectores, papeleiras ou mobiliario urbano, podedes comunicalas ao 010, para que os servizos municipais poidan actuar o antes posible.

Grazas pola colaboración e moito coidado nestas horas.