Cañita Brava homenaxeado nas festas da Gaiteira

O Concello da Coruña e a Asociación Veciñal e Cultural Oza–Gaiteira–Os Castros organizaron, un acto institucional de homenaxe a Cañita Brava, unha das figuras máis populares e queridas vencelladas ao barrio.

O acto formou parte da programación oficial das Festas da Gaiteira 2026 e recoñeceu publicamente a traxectoria persoal e artística de Cañita Brava, así como o forte vínculo que sempre mantivo coa Gaiteira, contribuíndo a dar a coñecer o nome do barrio máis aló da cidade.

Durante a homenaxe interviron o presidente da Asociación Veciñal e Cultural Oza–Gaiteira–Os Castros, Paulo Sexto, a Alcaldesa da Coruña, Inés Rey antes de dar a palabra ao homenaxeado, quen adicou unhas verbas a veciñanza que se achegou ao acto e mesmo unha canción. Posteriormente, fixose entrega dun diploma de recoñecemento e descubriuse unha placa conmemorativa, como símbolo permanente do agarimo e da gratitude da veciñanza.


Cargando cuenta atrás...