Inaugurada a exposición Love Velo no IES Monelos

O venres 9 de outubro no IES Monelos fixose a proxección do documental sobre Xosé Velo “Expediente Velo” impulsada pola Asociación de veciños Oza-Gaiteira-Os Castros dentro do seu proxecto “Facendo barrio. Facendo historia”, en colaboración co Concello da Coruña. Ao mesmo tempo colocouse a exposición sobre o polifacético político (mestre, orador, activista…).

Estiveron presentes o director do documental, Aser Álvarez, Mari Pili (sobriña de Víctor, fillo de Xosé), Siro (caricaturista) e Paulo Sexto (presidente da Asociación).