Desde a Asociación Veciñal e Cultural Oza-Gaiteira-Os Castros queremos expresar publicamente o noso apoio ás Maratón Inferior e a todas as persoas que, durante décadas, viviron e seguen vivindo o deportivismo con paixón, compromiso e respecto.
A bancada de Riazor forma parte da historia do Deportivo e tamén da historia da nosa cidade. Xeracións enteiras de afeccionados estiveron sempre ao lado do equipo, nos bos e nos malos momentos, contribuíndo a facer de Riazor un símbolo de identidade e orgullo para A Coruña.
Cremos que non se pode xulgar nin sinalar un colectivo enteiro . Defendemos o respecto, a convivencia e o dereito de toda afección a animar ao seu equipo con liberdade e responsabilidade.
O fútbol é moito máis ca un deporte: é unión, sentimento, amizade e pertenza. Por iso, hoxe queremos trasladar o noso recoñecemento e solidariedade a todas aquelas persoas que, desde a bancada, levan anos apoiando ao Real Club Deportivo da Coruña.
Porque o Deportivo non se entende sen a súa afección.
Porque Riazor non sería o mesmo sen a súa bancada.
🤍💙 Moito Dépor. Sempre Dépor.
