Bar Minín

A resistencia do Centro Comercial Os Castros

Ubicación: Rúa Merced, 63
Apertura: 1972

O Bar Minin abriu as súas portas en 1972 nas escaleiras do Centro Comercial Os Castros, o pasadizo que conecta a rúa da Merced coa Avenida de Oza. Fixoo case ao mesmo tempo que, no mesmo espazo abrían as Galerías de Alimentación “Los Castros”; e apenas dous anos despois, en 1974 abriría tamén CODECO nas mesmas escaleiras, convertindo este punto nun polo comercial do barrio e da cidade.

Co tempo, tanto os postos das galerías de alimentación coma CODECO foron pechando, e a rúa da Merced perdeu o seu antigo esplendor comercial. O Minin, porén, conseguiu manterse aberto grazas as súas tapas e a unha clientela fiel, que especialmente á hora do café continúa enchendo o local. Hoxe o bar segue en activo e xa vai pola segunda xeración de propietarios.