Poñendo o nome do barrio no radar do fútbol coruñés dende 1944
Ano de fundación: 1944
Palmarés:
2 Tercera Autonómica (1993-94, 1996-97).
3 Segunda División de Modestos (1959-60, 1973-74, 1979-80).
2 Copas Liceo (1960, 1974).
Web e RRSS:

O clube ten a súa orixe no Bodegón Los Castros, lugar de xuntanza da xuventude durante os anos 50 e 60, alí en 1944 ,baixo o liderazgo de Francisco Novo, un grupo de xovés deciden crear un equipo federado para competir ao fútbol.
En 1948 este primitivo equipo transformase no Círculo Cultural y Deportivo de Los Castros, pasando a ser o fútbol unha sección máis entre as existentes, conseguindo o ascenso de categoría, manteríase con este nome ata que en 1954 a Federación Galega de Fútbol, acorda a desaparición de cinco equipos da cidade, entre eles o Círculo Cultural y Deportivo de Los Castros.
Algúns dos xogadores, seguiron xogando ao fútbol non federado no Suevia C.F, que tamén desaparecerá en 1956. Entón un grupo de socios reúnese para crear unha comisión xestora que volva a traer o fútbol federado ao barrio, así collen o nome de Atlético Los Castros, e tentan entrar na liga de As Mariñas, máis son rexeitados; sen embargo, consiguen ser readmitidos na Coruña tralo voto unánime de todos os clubes, entrando na segunda división local en xuvenis e afeccionados. Foi unha época especialmente brillante competindo entre os grandes da Coruña, e conseguindo na tempada 1959-1960 non perder ningún partido na liga, gañando o título de segunda división, e posteriormente a copa Liceo contra o campión de primeira división de ese ano, o Santa Margarita.
Nos anos 70 volta a gañar o campionato de segunda división e a súa segunda copa Liceo, entre os anos 1986 e 1989 únese á Sociedad Cultural y Recreativa de Los Castros, fomentando unha grande actividade cultural, social e festiva, máis esta colaboración remata con problemas.

Deja una respuesta