Coruñart- Feria das Industrias Culturais e Creativas da Coruña

📅 7 de novembro, 2026 🕒 11:00 📍 Forum Metropolitano

Desde a Asociación Veciñal e Cultural Oza-Gaiteira–Os Castros animámosvos a participar na 2.ª edición de CORUÑART, a Feira das Industrias Culturais e Creativas da Coruña. A inauguración oficial terá lugar ás 11:00 h no Fórum Metropolitano e contará co pregón de Oswaldo Digón.

A nosa asociación tamén estará presente da man de David Lozano, coordinador do proxecto Facendo Barrio, Facendo Historia, que participará na mesa redonda «A cultura comunitaria e o seu impacto nas vilas», programada entre as 16:30 e as 17:15 h.

Porque entre todos e todas facemos barrio, facemos cultura e construímos comunidade.