Centro Comercial de Alimentación

O primeiro mercado da rúa da Merced

Ubicación: Rúa da Merced, 61 (antigo 19)
Apertura: 1969
Peche: descoñecido

A comezos do 1969, comezaron a aparecer nos xornais anuncios sobre a próxima apertura do centro comercial de Alimentación situado na rúa Merced, 19. Ainda que non se conservan noticias sobre o día exacto da inauguración, todo indica que abriu as súas portas ese mesmo año. O espazo acollía diversos negocios, entre eles unha droguería.

Apenas tres anos despois, abriron a escasos metros as Galerías de Alimentación “Los Castros” e CODECO, convertendo esta rúa nun pequeno polo comercial da cidade. Desde entón, o centro comercial de alimentación comezou a ser coñecido polo alcume de “praza vella”. Cara ao ano 2007, so permanecían abertos dous establecementos.


Cargando cuenta atrás...