Categoría: Novas
-

25 novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres
A Coruña conmemora o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, cunha programación de actividadesA Concellería de Benestar Social, Participación e Igualdade, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello da Coruña, organiza unha programación de actividades con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación…
-

Recollida solidaria de xoguetes
Poñemos en marcha unha RECOLLIDA SOLIDARIA DE XOGUETES para que ningún neno ou nena quede sen a ilusión dun agasallo este Nadal. 📅 Do 16 de novembro ao 16 de decembro. 🎁 Tes xoguetes na casa que xa non utilizas? Dálle unha segunda vida! Podes doar xoguetes usados sempre que estean en bo estado, limpos…
-

Lotería e Cesta de Nadal na AV Oza-Gaiteira-Os Castros
A Asociación Veciñal e Cultural Oza-Gaiteira–Os Castros pon á venda participacións da Lotería de Nadal co número 78902. Prezo: 6 € por participación, repartidos da seguinte maneira: 5 € corresponden á participación da Lotería de Nadal. 1 € é un donativo destinado ao sorteo dunha Cesta de Nadal. Como se determinará a persoa gañadora da…
-

A ASOCIACIÓN VECIÑAL E CULTURAL OZA-GAITEIRA–OS CASTROS PECHA O 11 DE NOVEMBRO EN APOIO Á FOLGA XERAL
A Asociación Veciñal e Cultural Oza-Gaiteira–Os Castros informa de que o vindeiro mércores, 11 de novembro de 2026, permanecerá pechada durante toda a xornada con motivo da folga xeral. Desde a Asociación queremos expresar o noso respecto e apoio ao dereito de folga e animar á veciñanza a participar activamente nas mobilizacións e manifestacións convocadas…
-

AVISO | FESTA INFANTIL DE SAMAÍN DE SAN DIEGO
A Festa Infantil de Samaín organizada polo Centro Cívico de San Diego aprazase á próxima fin de semana debido ao loito oficial decretado polo accidente ferroviario. Esta actividade é independente das organizadas polo comercio e a hostalaría do barrio. Grazas pola comprensión. En breve informarase da nova data.
-

A Asociación Veciñal Oza-Gaiteira–Os Castros expresa a súa solidariedade coas vítimas do accidente ferroviario de Toledo
A Asociación Veciñal e Cultural Oza-Gaiteira–Os Castros expresa o seu máis sentido pésame ás familias e persoas achegadas ás vítimas mortais do accidente ferroviario ocorrido esta mañá en Toledo, así como o seu apoio e desexo dunha pronta recuperación ás persoas feridas. A asociación súmase á convocatoria realizada polo Concello da Coruña para este mércores,…
-

A Asociación Veciñal Oza-Gaiteira-Os Castros apoia as iniciativas do comercio e a hostalaría polo Samaín
A Asociación Veciñal e Cultural Oza-Gaiteira-Os Castros amosa o seu apoio ás actividades organizadas polo comercio e a hostalaría do barrio con motivo do Samaín e do Halloween, iniciativas que contribúen a dinamizar a vida social e fomentar a participación veciñal. Entre as propostas destaca a ruta infantil «Truco ou Trato», impulsada pola Asociación de…
-

Novembro e decembro veñen cargados de actividades culturais
Desde a Asociación Veciñal Oza-Gaiteira-Os Castros presentamos a axenda cultural para novembro e decembro, no que se celebrarán un total de 6 actividades culturais de balde, que se suman ás distintas actividades de caracter anual que oferta a asociación (podes velas en asociación). Pasaran polo barrio a presentar libro Diana Varela, Xavier Alcalá, Pura Tejelo…
-

Entrevista a David Lozano na cadena SER pola exposición Love Velo no IES Monelos
Hoxe recibimos no local da asociación a visita do xornalista Saúl Roel, da Cadena SER, para entrevistar a David Lozano, coordinador do proxecto “Facendo barrio, facendo historia”, desenvolvido pola entidade en colaboración co Concello da Coruña. A entrevista, realizada para o programa “Hoy por Hoy Coruña”, dirixido por Teba Chacón, permitiu conversar sobre a figura…
-

Inaugurada a exposición Love Velo no IES Monelos
O venres 9 de outubro no IES Monelos fixose a proxección do documental sobre Xosé Velo “Expediente Velo” impulsada pola Asociación de veciños Oza-Gaiteira-Os Castros dentro do seu proxecto “Facendo barrio. Facendo historia”, en colaboración co Concello da Coruña. Ao mesmo tempo colocouse a exposición sobre o polifacético político (mestre, orador, activista…). Estiveron presentes o…