Categoría: Novas
-

Cañita Brava homenaxeado nas festas da Gaiteira
O Concello da Coruña e a Asociación Veciñal e Cultural Oza–Gaiteira–Os Castros organizaron, un acto institucional de homenaxe a Cañita Brava, unha das figuras máis populares e queridas vencelladas ao barrio. O acto formou parte da programación oficial das Festas da Gaiteira 2026 e recoñeceu publicamente a traxectoria persoal e artística de Cañita Brava, así…
-

A Gaiteira e Os Castros preparan un día histórico baixo o ceo
O eclipse total de Sol do vindeiro 12 de agosto promete converter a Gaiteira e Os Castros nun gran punto de encontro para a veciñanza. Durante uns minutos, as rúas, prazas e parques do barrio deixarán de ser espazos de paso para transformarse en lugares onde compartir unha experiencia única. A Asociación Veciñal e Cultural…
-

Abertas as inscricións na carreira popular da Volta a Oza
Coruña Corre chega o próximo 13 de setembro ás rúas dos Castros, Eirís e o Castrillón, por onde pasará a maior parte do percorrido da Volta a Oza, unha das probas máis esixentes do circuíto. Serán algo máis de seis quilómetros de trazado, combinando asfalto e sendas de terra a través do parque de San…
-

A asociación, presente no homenaxe a Bebel García
Hoxe estivemos lembrando a Bebel García no Cemiterio de San Amaro. Bebel García García (Ribadeo, 1914 – A Coruña, 29 de xullo de 1936) foi futbolista do Deportivo da Coruña, traballador da coñecida familia dos “irmáns da lexía” e militante das Xuventudes Socialistas. Tras o golpe militar de xullo de 1936 participou na defensa da…
-

-

Horario de verán na Asociación Oza-Gaiteira-Os Castros
A Asociación Veciñal Oza–Gaiteira–Os Castros informa de que, con motivo do período estival, adapta temporalmente o seu horario de atención ao público para facilitar a continuidade do servizo á veciñanza durante os meses de verán. Así, o horario de atención será os martes e xoves, de 17:00 a 19:00 horas, no local da asociación. Durante…
-

Campaña “Faite socio/a”
A Asociación Veciñal e Cultural Oza-Gaiteira–Os Castros inicia a campaña “Faite Socio/a”, unha iniciativa aberta a toda a veciñanza co obxectivo de fortalecer o movemento asociativo e continuar impulsando proxectos que melloren a calidade de vida do barrio. Baixo a lema “Canto máis somos, máis podemos facer”, a entidade fai un chamamento á participación activa…
-

A elección de Gonzalo Castro como pregoeiro das Festas da Gaiteira 2026
A Asociación Veciñal e Cultural Oza-Gaiteira–Os Castros acordou designar a Gonzalo Henrique Castro Prado, concelleiro de Cultura e Turismo do Concello da Coruña e responsable da Área de Fomento e Promoción da Cidade, como pregoeiro das Festas da Gaiteira 2026. Esta elección responde á súa traxectoria de colaboración co tecido asociativo da cidade e, especialmente,…
-

O Lembranza Rock medra na súa segunda edición e consolídase cun festival gratuíto de dous días nas Festas de María Pita
O festival, que terá lugar os días 14 e 15 de agosto, volverá formar parte da programación oficial das Festas de María Pita e das Festas da Gaiteira, nas que se integra por segundo ano consecutivo, consolidándose como unha cita que busca dar visibilidade á diversidade e á calidade da música en galego. A presentación…
-

O noso apoio ás Maratón Inferior
Desde a Asociación Veciñal e Cultural Oza-Gaiteira-Os Castros queremos expresar publicamente o noso apoio ás Maratón Inferior e a todas as persoas que, durante décadas, viviron e seguen vivindo o deportivismo con paixón, compromiso e respecto. A bancada de Riazor forma parte da historia do Deportivo e tamén da historia da nosa cidade. Xeracións enteiras…