Categoría: Hostalaría
-
Mesón París
Fundado hai máis de medio século por María Primitiva Galego e Pedro Castro, naceu cunha proposta pouco habitual na época: unha casa de fondue inspirada na experiencia dos propietarios en Suíza, acompañada dunha coidada selección de viños. Co paso do tempo, o establecemento foi transformándose ao mesmo ritmo co barrio, deixando atrás a influencia alpina…
-

Café-Bar Maracaná
A primeira referencia que puidemos atopar do café-bar Maracaná data de 1965, no mesmo número da entón chamada Avenida do General Sanjurjo. Previamente nesa mesma zona houbo unha sala de festas homónima, máis se descoñece se houbo relación entre o salón e o bar. Pechou as súas portas aproximadamente en 2019.
-
Bar Burdeos
O bar Burdeos leva aberto dende principios da década de 1970, case a par da construcción do edificio no que está situado, neste tempo xubilaronse dúas xeracións detrás da barra deste negocio senlleiro do barrio. Nel, reúnese unha peña de mus que organiza campionatos cada poucas semanas, e son famosas as súas tapas.
-

Casa Sánchez
Casa Sánchez foi durante anos un deses locais que definían o verdadeiro espírito da cociña tradicional: proximidade, sabor e trato familiar. Estaba rexentado por Carmen Sánchez Álvarez, orixinaria de A Rúa (Ourense), que previamente fora cociñeira no restaurante Corinto da rúa da Galera, rexentado polos seus primos. Abriu no día de reis de 1961 no…
-

Bodegón Los Castros
Aberto nos anos 30, no momento do seu peche no ano 2000 era un dos bares máis antigos da cidade.Lugar de tertulia, inicialmente as mulleres non tiñan permitida a entrada, máis isto foi mudando cos anos. Tiña un futbolín no que os mozos do barrio reuníanse nos anos 50 e 60, chegando a facerse torneos,…
-

Los peores vinos
Conta a tradición oral que o nome orixinal deste emblemático local era Los Peares Vinos, máis un día ao rótulo orixinal caeuselle a letra “a”, e a clientela en ton de broma, comenzou a chamarlle masivamente Los peores vinos, e o propietario, acabou cambiandolle o nome oficial polo oficioso. Pechou no ano 1998, pero ainda…
-

Taberna Casa Saqués
A orixe de este senlleiro establecemento está no ano 1947 nunha tasca fundada por Antonio Saqués Romay e Laura Carnero García en O Carballo (Oleiros), en 1960 instalase na hoxe coñecida coma Avenida de Oza, ofrecendo viños e a comida caseira; As estrelas da carta eran os callos, a tortilla e a carne asada, o…