Autor: admin
-

A asociación, presente no homenaxe a Bebel García
Hoxe estivemos lembrando a Bebel García no Cemiterio de San Amaro. Bebel García García (Ribadeo, 1914 – A Coruña, 29 de xullo de 1936) foi futbolista do Deportivo da Coruña, traballador da coñecida familia dos “irmáns da lexía” e militante das Xuventudes Socialistas. Tras o golpe militar de xullo de 1936 participou na defensa da…
-

-

Horario de verán na Asociación Oza-Gaiteira-Os Castros
A Asociación Veciñal Oza–Gaiteira–Os Castros informa de que, con motivo do período estival, adapta temporalmente o seu horario de atención ao público para facilitar a continuidade do servizo á veciñanza durante os meses de verán. Así, o horario de atención será os martes e xoves, de 17:00 a 19:00 horas, no local da asociación. Durante…
-

Campaña “Faite socio/a”
A Asociación Veciñal e Cultural Oza-Gaiteira–Os Castros inicia a campaña “Faite Socio/a”, unha iniciativa aberta a toda a veciñanza co obxectivo de fortalecer o movemento asociativo e continuar impulsando proxectos que melloren a calidade de vida do barrio. Baixo a lema “Canto máis somos, máis podemos facer”, a entidade fai un chamamento á participación activa…
-

A elección de Gonzalo Castro como pregoeiro das Festas da Gaiteira 2026
A Asociación Veciñal e Cultural Oza-Gaiteira–Os Castros acordou designar a Gonzalo Henrique Castro Prado, concelleiro de Cultura e Turismo do Concello da Coruña e responsable da Área de Fomento e Promoción da Cidade, como pregoeiro das Festas da Gaiteira 2026. Esta elección responde á súa traxectoria de colaboración co tecido asociativo da cidade e, especialmente,…
-

O Lembranza Rock medra na súa segunda edición e consolídase cun festival gratuíto de dous días nas Festas de María Pita
O festival, que terá lugar os días 14 e 15 de agosto, volverá formar parte da programación oficial das Festas de María Pita e das Festas da Gaiteira, nas que se integra por segundo ano consecutivo, consolidándose como unha cita que busca dar visibilidade á diversidade e á calidade da música en galego. A presentación…
-

O noso apoio ás Maratón Inferior
Desde a Asociación Veciñal e Cultural Oza-Gaiteira-Os Castros queremos expresar publicamente o noso apoio ás Maratón Inferior e a todas as persoas que, durante décadas, viviron e seguen vivindo o deportivismo con paixón, compromiso e respecto. A bancada de Riazor forma parte da historia do Deportivo e tamén da historia da nosa cidade. Xeracións enteiras…
-

Contra o fascismo: nin silencio nin indiferenza
Hai ideoloxías que a historia xa xulgou. O fascismo é unha delas. Non é unha opinión máis nin unha opción política inocua. É unha ideoloxía baseada no autoritarismo, na negación da democracia, na persecución de quen pensa diferente e na utilización do odio como ferramenta para dividir á sociedade. Cando o fascismo avanza, retroceden os…
-

A nosa postura fronte aos desafiuzamentos
Desde a Asociación Veciñal e Cultural Oza-Gaiteira-Os Castros queremos expresar a nosa firme preocupación pola realidade dos desafiuzamentos, unha situación que continúa afectando a milleiros de familias e persoas vulnerables. Consideramos que a vivenda é un dereito fundamental e non pode ser tratada unicamente como un ben de mercado. Ningunha persoa debería perder o seu…
-

O Concello repara e repinta todos os bancos da Gaiteira
O Concello da Coruña, respondendo a una petición da Asociación Veciñal Oza-Gaiteira-Os Castros repintou e reparou todos os bancos situados na rúa Gaiteira.