Categoría: Negocios senlleiros
-
Ferretería Coruñesa
En novembro de 1964 anunciabase a apertura das modernas instalacións da Ferretería Coruñesa, en Ronda de Outeiro, 23, vendendo loza, cristal e ferraxería, sen embargo apenas 7 meses depois o fundador de esta ferraxaría falecería, polo que a familia buscaría o traspaso da mesma a partires de maio de 1965; é entón cando Ángel Roberto…
-
Café-Bar Begoña
Non podemos determinar con exactitude o ano de apertura deste establecemento. Segundo o catastro, o edificio no que se atopa é de 1955. A primeira referencia documental que temos do café‑bar Begoña aparece en maio de 1968, nun anuncio de prensa que informaba do seu traspaso: “Se ha traspasado el café‑bar Begoña, sito en la…
-
Mesón A Coruña
No ano 1959, Ramón Pérez Rey chegou a Coruña procedente de Boimorto, tras traballar coma camioneiro e taxista por máis de 20 anos, no 1983 decidiu dar un xiro a súa vida e abriu o Mesón Coruña, unha taberna tradicional con grande éxito grazas as súas tapas cas cuncas e os seus callos, que gozaron…
-
Bodega O Carreteiro
Aberta en 1981 no límite entre o Castrillón e Os Castros por Victoriano Becerra Mosquera, antigo coadjutor da igrexa de San Nicolás, motivo polo cal recibiu o sobrenome de “La taberna del cura” este bodegón tradicional era posiblemente o máis antigo da cidade en funcionamento segundo unha nova de 2016, ofrecendo cuncas e comida tradicional…
-

Libraría Carballido
Pilar Sanjurjo e Suso Carballido abriron en setembro de 1990 esta libraría, nun tempo no que o barrio non tiña librarías de referencia. Ainda que os inicios foron difíciles, conseguiría pouco a pouco convertirse nun referente en toda a cidade, especializada principalmente en libros de historia, ensaio e temática galega, incluindo libros descatalogados. Foi tamén…
-
Bar Minín
O Bar Minin abriu as súas portas en 1972 nas escaleiras do Centro Comercial Os Castros, o pasadizo que conecta a rúa da Merced coa Avenida de Oza. Fixoo case ao mesmo tempo que, no mesmo espazo abrían as Galerías de Alimentación “Los Castros”; e apenas dous anos despois, en 1974 abriría tamén CODECO nas…
-
Concesionario Renault
As orixes deste senlleiro espazo remóntanse ao ano 1959, cando o recoñecido arquitecto coruñés José María Iglesias Atocha recibiu o encargo do empresario Eulalio Mora para proxectar unha gran sede para a marca francesa. Iglesias Atocha concibiu unha peza mestra da arquitectura moderna e industrial da época, caracterizada por un deseño funcional e unhas monumentais…
-
Concesionario Citröen
O concesionario Citroën da actual Avenida de Oza, foi aberto por Luis Rodríguez Amado en 1964 coma estación de de servizo para o lavado e o engrase de camións. O negocio xurdiu nun momento de pleno desenvolvemento industrial, dando soporte aos transportistas que traballaban no recheo de San Diego. Non tardaría en dar o salto…
-

Centro Comercial de Alimentación
A comezos do 1969, comezaron a aparecer nos xornais anuncios sobre a próxima apertura do centro comercial de Alimentación situado na rúa Merced, 19. Ainda que non se conservan noticias sobre o día exacto da inauguración, todo indica que abriu as súas portas ese mesmo año. O espazo acollía diversos negocios, entre eles unha droguería.…
-
Grandes almacenes CODECO
Dous anos despois da apertura no Centro Comercial Los Castros das Galerías de Alimentación “Los Castros”, estableceuse no mesmo centro comercial a Coruñesa de Consumo Sociedad Cooperativa (CODECO), unha cooperativa que, segundo diversas fontes, chegou a reunir arredor de 15.000 socios. Segundo recolleron as novas da época, o espazo ocupaba uns 1.700 metros cadrados e…