Categoría: Novas
-

Contra o fascismo: nin silencio nin indiferenza
Hai ideoloxías que a historia xa xulgou. O fascismo é unha delas. Non é unha opinión máis nin unha opción política inocua. É unha ideoloxía baseada no autoritarismo, na negación da democracia, na persecución de quen pensa diferente e na utilización do odio como ferramenta para dividir á sociedade. Cando o fascismo avanza, retroceden os…
-

A nosa postura fronte aos desafiuzamentos
Desde a Asociación Veciñal e Cultural Oza-Gaiteira-Os Castros queremos expresar a nosa firme preocupación pola realidade dos desafiuzamentos, unha situación que continúa afectando a milleiros de familias e persoas vulnerables. Consideramos que a vivenda é un dereito fundamental e non pode ser tratada unicamente como un ben de mercado. Ningunha persoa debería perder o seu…
-

O Concello repara e repinta todos os bancos da Gaiteira
O Concello da Coruña, respondendo a una petición da Asociación Veciñal Oza-Gaiteira-Os Castros repintou e reparou todos os bancos situados na rúa Gaiteira.
-

A Romaría dos Castros traerá tres días de música, tradición e cultura popular ao Parque de San Diego
A Coruña, 6 de xullo de 2026. Durante o acto de presentación, celebrado esta mañá no local da asociación, deuse a coñecer o cartel oficial e unha programación que combina música tradicional e de raíz, propostas para todos os públicos e actividades populares, consolidando a Romaría dos Castros como unha das citas culturais e festivas…
-

Proxección do curtometraxe Ese lugar Partido
O 29 de xuño de 2026 proxectouse no Forum Metropolitano a curtometraxe “Ese lugar partido” escrito e dirixido por Inés Pintor e Pablo Santidrián. Posteriormente levouse a cabo unha palestra titulada “recordando a memoria para construir o noso futuro” na que participaron María Jesús Carro González, Luciana Rey Escribano, Fito Ferreiro Seoane, voluntarios da Fundación…
-

Renovación de beirarrúas na avenida de Oza entre a rúa Buenavista e Avenida da Pasaxe
O día 01/07/2026 está previsto que comencen as obras de reparación das beirarrúas na Avenida de Oza entre a Rúa Buenavista e a Avenida de Oza
-

O fascismo e o movemento veciñal
Artigo de Paulo Sexto Gantes, presidente da Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros O fascismo non é só unha pantasma do pasado: segue presente en discursos de odio, movementos autoritarios e crises sociais. O fascismo é unha ameaza que non desaparece. O fascismo non é só un réxime autoritario: é unha ideoloxía que busca destruír…
-

Coloquio-presentación “Hipnose encarnada” de Ramiro Torres
O luns 16 de xuño vivimos un novo luns de encontros organizado pola Asociación Veciñal Oza-Gaiteira Os Castros na biblioteca do Forum Metropolitano, nesta ocasión presentamos o poemario “hipnose encarnada” do poeta coruñés Ramiro Torres, que ven de ser publicado pola editorial Espiral Maior.
-

A asociación lanza novas actividades para o curso 2026/2027
A Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os castros segue traballando na mellora dos servizos que oferta aos veciños do barrio, e neste sentido lanza para este novo curso 2026/2027 novas actividades para todos os grupos de idade, que se suman as de teatro infantil, teatro adultos, manualidades e acordeón xa ofertadas pola asociación no pasado curso,…
-

Celebración do II festival de acordeón organizado pola AAVV Oza Gaiteira Os Castros ca participación grupo Xebre e foles das mariñas
O auditorio do Forum Metropolitano acolleu este sábado 6 de xuño a 2a edición do festival de acordeón organizado pola Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros. Participaron os alumnos do grupo Xebre da AVV Oza Gaiteira Os Castros e o grupo Foles das Mariñas da asociación amigos del acordeón.