Autor: admin

  • El saratoga

    por

    en

    Inaugurado o 12 de marzo de 1950, esta sala de festas, nas que actuou entre outros Pucho Boedo, estaba situada fronte ao cine Monelos.

  • Mesón París

    Fundado hai máis de medio século por María Primitiva Galego e Pedro Castro, naceu cunha proposta pouco habitual na época: unha casa de fondue inspirada na experiencia dos propietarios en Suíza, acompañada dunha coidada selección de viños. Co paso do tempo, o establecemento foi transformándose ao mesmo ritmo co barrio, deixando atrás a influencia alpina…

  • Calzados Yolanda

    A historia desta senlleira zapataría comeza en 1972, cando José Monteagudo, por entón encargado de Calzados Triay, fixase no baixo situado na actual Avenida de Oza, 131, e decide montar xunto cos seus irmáns o seu propio negocio, co nome de Yolanda, na honra da súa filla, os inicios nun barrio de nova creación non…

  • Café-Bar Maracaná

    Café-Bar Maracaná

    A primeira referencia que puidemos atopar do café-bar Maracaná data de 1965, no mesmo número da entón chamada Avenida do General Sanjurjo. Previamente nesa mesma zona houbo unha sala de festas homónima, máis se descoñece se houbo relación entre o salón e o bar. Pechou as súas portas aproximadamente en 2019.

  • Atlético Coruña Montañeros Club de Fútbol

    Atlético Coruña Montañeros Club de Fútbol

    As orixes do clube están no colexio Santa María do Mar, onde en 1968 xurde unha iniciativa lúdica e deportiva denominada Asociación Juvenil Montañeros del Sagrado Corazón, inicialmente destiñada ao excursionismo e ao baloncesto. En 1973, engadese a estas prácticas o fútbol, e en 1978 debido ao éxito da actividade, decidese crear un clube de…

  • Ideal Cinema

    Ideal Cinema

    por

    en

    O Ideal Cinema da Gaiteira foi un dos primeiros que se construiu na Coruña, onde en 1935 había 13 cines. Proxectado en 1928, abriu as súas portas o 3 de setembro de 1930 publicitándose como o Palacio do Cine na Gaiteira, segundo a documentación consultada por Pepe Temprano, de Bardos Cultural. Este cine desapareceu en 1971 e no seu lugar hai hoxe un…

  • Bar Burdeos

    O bar Burdeos leva aberto dende principios da década de 1970, case a par da construcción do edificio no que está situado, neste tempo xubilaronse dúas xeracións detrás da barra deste negocio senlleiro do barrio. Nel, reúnese unha peña de mus que organiza campionatos cada poucas semanas, e son famosas as súas tapas.

  • Casa Sánchez

    Casa Sánchez

    Casa Sánchez foi durante anos un deses locais que definían o verdadeiro espírito da cociña tradicional: proximidade, sabor e trato familiar. Estaba rexentado por Carmen Sánchez Álvarez, orixinaria de A Rúa (Ourense), que previamente fora cociñeira no restaurante Corinto da rúa da Galera, rexentado polos seus primos. Abriu no día de reis de 1961 no…

  • Musical 47

    Musical 47

    José Gómez, coñecido coma Pepe de Pazos, batería nas bandas Los Mayorales, Los Trovadores e un dos fundadores da orquesta Breogán, inagurou esta tenda de instrumentos músicais na primeira planta do número 47 da entón coñecida coma Avenida General Sanjurjo (hoxe correspondente ao número 19 da Avenida de Oza), con posterioridade, esta tenda pasou a…